18 dic. 2010

CONTO: ANTÓN E O APALPADOR

Dende o Equipo de Normalización Lingüística do CRA Raíña Aragonta, fixemos outro LIM do outro conto adicado o personaxe do Apalpador.
Decidimos non incluir voces grabadas porque o conto gaña moito máis narrado ou dramatizado por cada mestre, xa que cada persoa conta unha historia de maneira irrepetible. Xa sabedes mestres e mestras, a contar historias en Nadal!






13 dic. 2010

XOGO DO NADAL

Xogos para repasar lectoescritura e lóxica-matemática en Educación Infantil aproveitando a celebración do Nadal.






12 dic. 2010

O Apalpador

Tamos de noraboa porque outra mestra máis se suma a Actividades LIM, trátase da profe María do CEIP Outeiro das Penas - Redondela, que fai a súa primeira (pero esperemos que non última) achega, cunha versión do Apalpador.
Mil grazas profe!! >



Enlace ao seu blog :
http://outeirodematilda.blogspot.com/

9 dic. 2010

OS SERES VIVOS

Aqui tedes outro xogo da profe Luisa do CEIP Santo Paio de Abaixo para repasar o tema dos seres vivos.


XOGO DAS ROCHAS

A profe Luisa de 4º do CEIP Santo Paio de Abaixo, deixanos este Lim para repasar o tema das rochas e dos minerais.


LIM DO CONTO "O APALPADOR

Dende o CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas) chega o Lim do conto galego O apalpador. Espero que vos sexa útil pra coñecer esta tradición galega de Nadal.